Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o aniversario do nacemento da nosa poetisa Rosalía de Castro. E para celebralo, os corridores do colexio apareceron decorados por unha liña poética elaborada polo alumnado de todo o centro. Máis claro no o poido expresar o noso querido alumno Lucas: "ata onde chega esa liña...?". Pois esa liña enlazou os tres pisos do noso colexio, dando unha ampla volta arredor dos Espazos de Lectura.
O poema elixido para a nosa liña foi Fun un domingo á tarde.
Ademais, a Hora de Ler etivo ambientada por poemas de Rosalía musicados.
Cun PDI titulado Entre liñas anda o xogo, que mellor que celebrar este día cunha liña rosaliana?

2 comentarios:
Si señor, fermosa idea. Ao mellor a copiamos para facer o mesmo con poemas de Manuel Mª.
Noraboa pola iniciativa.
Saúdos dende o CEIP Virxe do Carme de Burela
Grazas, compañeiros! Sería xenial que a nosa idea inspirara actividades semellantes adaptadas ó voso contexto. Así foi como xurdíu a nosa liña rosaliana: adaptando ideas que atopamos nos coles e institutos que visitamos. A creatividade hai que alimentala!
Apertas.
Publicar un comentario