GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta Tardes de Conto 2012-2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tardes de Conto 2012-2013. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de junio de 2013

ÚLTIMA TARDE DE CONTO



Con Inés, e en francés.

Inés, a nosa alumna de 5º B, foi a protagonista da última Tarde de Conto deste curso.

Inés e os seus irmáns (Lucas e Evan) chegaron o curso pasado ó centro, procedentes de Suiza. Por iso, o seu conto foi a ocasión de aprender algunhas palabras en francés.

O conto elixido foi Spot va a l'école, e narra o primeiro día de clase de Spot. Moi divertido!

Tras o conto, un obradoiro de pintura para aprender as cores en francés.

Pasámolo moi ben.


Grazas, Inés!

miércoles, 29 de mayo de 2013

MÁIS CONTOS DE MARISOL




A abella na orella da ovella.

Na Tarde de Contos da semana pasada Marisol contounos a historia de Fedella, unha pequena abella que nunca paraba de enredar e que, como era corta de vista, acabou na branca orella dunha ovella (ó confundila cunha azucena).

Tras esta aventura tan divertida, tocou o turno das manualidades: unhas preciosas abellas de goma eva.




Que historias e que actividades tan divertidas nos traes sempre, Marisol! 

miércoles, 22 de mayo de 2013

CONTOS MOI DOCES



Con Carmen, Mario e a súa nai: Teresa.

A Tarde de Contos do pasado día 15 de maio estivo protagonizada por esta familia. Comezou Mario (2º de Primaria) contando Siempre te querré. Logo, Carmen (Educación Infantil 4 anos), coa axuda de Teresa, contou Y se lleva a los niños que comen poco. Unha historia que seguro que lles resulta coñecida a moitos cativos que, como o protagonista, só queren comer un tipo de comida (xa sexan sandwiches de queixo, ou ovos fritidos).

Este conto deu pé a unha interesante conversa, na que todos os participantes acabaron falando sobre a cantidade de alimentos interesantes que podemos comer.

E xa que se achegaba a hora de merendar... que mellor actividade que "dárlle á mandíbula", iso si, en forma de xogo. As nais encargadas da actividade prepararon unha cunca con seis clases diferentes de froita. Os nenos, cos ollos tapados, debían probar unha e recoñecela. Así paladeamos mazá, plátano, mango, framboesa, amora e melón. Non todos recoñeceron a súa froita, nin a todo o mundo lle entusiasmou. Pero iso si... ó final, non quedou nin a proba...!





Esta si que foi unha saudable (e doce) sesión. Moitas grazas!

martes, 14 de mayo de 2013

UN CONTO CHINÉS



Con Daniel, o tío de Irene e Rocío.

Daniel leva dous anos estudiando chinés na Escola Oficial de Idiomas. Así que se animou a contarnos varias cousas moi interesantes.

Comezou a Tarde de Contos saudando en chinés (oralmente e por escrito, con auténticos caracteres chineses na pizarra).

A continuación, Daniel contounos unha lenda chinesa: a Historia do cazador Hailibu, que obtivo o poder de entender a lingua de todos os animais a cambio de non contar a ninguén o que escoitase.

O público tamén puido facer os seus "piniños", imitando a fonética dun poema chinés sobre a natureza. A experiencia non resultou moi exitosa. Pero colleitamos máis éxitos cos números (a pronuncia e a grafía chinesa).

Por último, investigamos sobre o horóscopo chinés, no que, en lugar dos doce signos zodiacais, aparecen doce animais ó longo do ano. Así, entre os participantes no contacontos (pais incluídos) apareceron varias ratas, bois, tigres, cabalos, porquiños e, incluso, cans.
A tarde rematou pintando fichas cos animais do horóscopo.





Grazas, familia!

lunes, 29 de abril de 2013

A GUERRA DOS NÚMEROS


Un conto que fala do importante que é aceptar a todos coas súas diferencias individuais.

O pasado mércores día 24, Ana, a nai de Aldara (3º A) estivo na biblioteca para nos contar este conto. Que importa que o 1 sexa o máis pequeno...? El mesmo ten que aceptar que todos somos diferentes, e iso é unha riqueza. O intentar chegar á uniformidade só produce soidade, enfrentamentos e enemistade.

Despois de contar, aproveitamos o bo tempo para, no patio, xogar a eses xogos tradicionais que coñecían os nosos pais e que nós temos un pouco esquecidos.



Grazas, Ana e Aldara, por esta fantástica tarde. (E tamén á profe Elena, que foi "os nosos ollos").


sábado, 20 de abril de 2013

¿SEGURO QUE CRECERÁ?



Medrou, como podedes ver.

¿Seguro que crecerá? foi o título do conto que, na nosa Tarde de Conto desta semana, nos presentou Ana, a nai de Alejandro (3º B).

Como vedes nas fotos, o público foi abundante, e as sorpresas, numerosas: prantas que medran, e, para rematar, unha manualidade con flores de fieltro.

Así da gusto...!




Moitas grazas, Ana!

lunes, 15 de abril de 2013

TARDE DE MAXIA



O pasado mércores 10 de abril.

Nesta ocasión acudiu ó colexio O Calvorota, que fixo as delicias de grandes e pequenos. Os asistentes falan entusiasmados, dende entón, dun número espectacular grazas ó cal, de súpeto, apareceron gominolas entre un montón de ingredientes.

Como poderedes ver polas fotos, dado o numeroso público asistente, cambiamos de ubicación: estivemos na Aula de Música.




Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta tarde tan divertida!

sábado, 6 de abril de 2013

ROI CONTOUNOS UN CONTO




Á volta das vacacións, reanudamos as tardes de conto. 

Hoxe o contacontos foi un ex-alumno do noso cole, Roi. Cuentos de Sal y Pimienta, a súa elección, é unha mistura de contos curtos con rima, dos cales Roi elexíu cinco. Algúns dos seus títulos foron: La señora Pase-usted, Era una vaca lechera, A saltar a saltar... 

Os rapaces e rapazas que participaron como público fixeron logo unha actividade plástica titulada: Debuxa o teu conto...

Podedes ver nas fotos o resumo da sesión, e a algúns dos nenos e nenas que quixeron mostrar o seu traballo.


viernes, 29 de marzo de 2013

UNHA TARDE DE CONTOS MOI POLÍGLOTA



Políglota... e coa familia ó completo!

O último martes do trimestre (o día 19) estiveron connosco Noa (1º de Primaria), Aroa (Educación Infantil 4 anos) e os seus pais. Toda a familia falando inglés!

Comezou a mamá, contándonos a historia de Ollie, un parrulo que non acababa de saír do seu ovo. Logo aprendimos vocabulario con Big and Small e Colours. 

A continuación tocoulle o turno a papá, con Zoo Mum, un pingüino en busca da súa nai.

Noa (que xa sabe ler) non quixo ser menos, e contounos Berta, la ballena. 

A familia ó completo rematou a súa intervención cantando tres cancións en inglés.

Como recordo desta tarde tan fantástica, todos os participantes na actividade elaboramos unha medusa que, logo, levamos para casa. 

Moitas grazas, familia! Precioso vervos a todos implicados e en acción!





lunes, 18 de marzo de 2013

UN CONTACONTOS MOI RIMADO


Así foi a Tarde de Contos do pasado martes día 12 de marzo.

Estiveron de "mestras de ceremonias" Marisol, Irene e Rocío. Marisol contounos un conto con rimas. Irene aproveitou para recitar Adiós ríos, adiós fontes, o poema de Rosalía que están aprendendo os nenos da súa clase. E Rocío tamén fixo os seus piniños.

Logo, todos os asistentes xogamos a construír rimas, pareados e ás adiviñas. Pasámolo moi ben.

Grazas ás profes Elisa e Luz pola  reportaxe.

jueves, 7 de marzo de 2013

O BOSQUE ENCANTADO



Este título tan engaiolante foi o do contacontos do pasado martes.

E nel participaron Anxo (4º de Primaria) e o seu pai, Juan Carlos.

Moito traballo previo, preparando títeres, movendo mesas, ideando actividades...

O público foi numeroso. Todos o pasaron moi ben. Ó remate, de recordo, levaron un comemocos de forma variada (peixes, serpes e tigres).

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tendes unhas cantas.







Moitas grazas a Anxo e a Juan Carlos por unha tarde tan divertida. 


martes, 26 de febrero de 2013

DE BECHOS E MASCOTAS



Diso tratou a Tarde de Contos deste luns.

O luns pola tarde achegáronse á nosa Biblioteca Elva e as súas fillas, Adela (Educación Infantil 3 anos) e Claudia (1º B). E contáronnos dous magníficos contos: Un becho estraño e Amelia quere un can.

Despois dos contos, obradoiro: todos levaron a casa un magnífico becho raro, verde coma un marciano, con bigotes a rabo.

Como vedes, unha tarde fatástica e moi ben aproveitada.



Grazas a Elva, Adela e Claudia por esta divertida tarde. 

viernes, 1 de febrero de 2013

AINARA CONTOUNOS UN CONTO


Un precioso xeito de rematar o Día da Paz.

E así foi, porque, despois dunha mañán de actividade conxunta, Ainara, a nosa alumna de 3º B, veunos contar un conto: Un poquito más. Un conto que fala de cooperación, de que é máis doado facer as cousas cando todos aportan o seu granciño de area. E cando, máis que aplicar a forza, somos quen de aplicar a intelixencia.

O elefante protagonista do conto precisou a axuda de todos os animais da selva para levantalo cando rompeu a pata. Tamén Aninara estivo axudada durante a sesión por Marisol, unha das supermamás que, semana a semana, se encarga de coordinar as nosas Tardes de Conto.

Como veredes nas fotos, a actividade estivo moi concurrida, e rematou cun fantástico obradoiro. Todos saíron del cuns fantásticos fuciños.



Moitas grazas a todos e a todas!


jueves, 24 de enero de 2013

¡DETENTE, ELEFANTE!


O contacontos desta semana.

As protagonistas foron Thoa (Educación Infantil 3 anos A) e Rosa, a súa nai, que nos contaron con marionetas de dedos este fantástico conto no que todos os animais da sabana intentan evitar que o elefante se meta na charca, para evitar o seu desbordamento.

Despois do conto, obradoiro: os participantes fixeron as súas propias marionetas. Mágoa que, por mór da mala climatoloxía, nesta ocasión o público foi escaso.




Un grazas moi grande para Rosa e Thoa, e para todas as persoas que (sabémolo) contribuíron desinteresadamente para facer unha actividade bonita e vistosa. 

domingo, 20 de enero de 2013

O VERME QUE FOI BOLBORETA


Novos protagonistas nas Tardes de Conto.

Pouco a pouco, máis pais e nais vanse sumando ás familias contadoras de contos. Nesta ocasión tocoulle o turno a Charo, a nai de Adrián (Educación Infantil 3 anos B), quen nos contou o conto titulado El gusanito.

Din "as malas linguas" que todo resultou fantástico, e que o obradoiro de bolboretas que houbo a continuación foi moi vistoso.

Deixámosvos coas imaxes desta fantástica xornada.



Grazas a Adrián e a Charo pola súa colaboración! E grazas ós "escoitadores", por seguir a actividade semana a semana!

lunes, 14 de enero de 2013

UNHA TARDE DE CONTO INTERNACIONAL


Nas Tardes de Conto da semana pasada estiveron connosco Mati e Tato. 

Mati e Tato son os tíos italianos de Noa (1º de Primaria) e Aroa (Infantil 4 anos). Tato naceu no Sur de Italia, e Mati en España. Pero ambos os dous viven agora na cidade italiana de Parma. Despois de pasar o Nadal en España coa súa familia, visitaron a nosa Biblioteca antes de voltar ó país da Bota. E que mellor que contándonos a historia de Befana, esa bruxa italiana que leva os agasallos ós nenos italianos o día 6 de xaneiro, en lugar dos Reis Magos?

Despois do conto, estivemos "parlando italiano", xa que nos aprenderon os números, as cores e os nomes dos membros da familia. 

E tras "parlare", "facere". Todos os participantes estivemos a pintar os números cos seus nomes en italiano. 






Moitas grazas a Noa, a Aroa (e ós seus pais, por teres a magnífica idea de nos traer esta sorpresa), e, por suposto, a Mati e a Tato. 


miércoles, 19 de diciembre de 2012

GARBANCITO



Este foi o título do contacontos do pasado luns.

Estivo a cargo de Aroa (2º A) e de Úrsula, a súa nai. Todos os asistentes estiveron moi atentos, e aprenderon aquilo de:

Pachín, pachín, pachán.
Cuidadito con lo que haceis.
Pachín, pachín, pachán.
A Garbancito no piseis.

E logo, con cáscaras de noz, garabanzos, paciencia e imaxinación, cada rapaz marchou co seu propio Garbanciño.


Grazas pola última Tarde de Conto deste ano 2012.

viernes, 14 de diciembre de 2012

ÁNGELA E LUCÍA CONTÁRONNOS UN CONTO



Sucedeu nas Tardes de Conto. 

Foi o 10 de novembro, ás 4 da tarde. Ángela e Lucía elixiron para a súa sesión Tomás y la goma mágica, de Ricardo Alcántara. Tomás, o protagonista, era un boneco que, aínda que tiña dous amigos, sempre estaba de mal humor. A goma máxica que un día atopou ó espertar cambiaríalle a vida.

Durante a sesión, os oíntes tiveron que participar, imitando as reaccións de Tomás.

E, para rematar, e xa que se achega o Nadal, tocou escribir. Os alí presentes aproveitaron para redactar as súas cartas ós Reis Magos.

Mágoa que, nesta ocasión, Frianciño estivo despistado e non levou a cámara. Así que, por desgracia, non temos imaxes desta sesión. Pedimos desculpas, por iso, ás nosas protagonistas.

E para Ángela e Lucía...

Grazas polo voso entusiasmo e polo voso conto! E por ser, cada curso, unha das visitas ineludibles nas nosas Tardes de Conto!


martes, 4 de diciembre de 2012

UN LUNS DE CONTO



Onte, luns día 3, a Biblioteca estivo de bote en bote. 


Porque Noel, Anxo e Isa (a súa nai) viñeron nos contar un conto: Dos osos muy hambrientos. 

Como veredes nas fotos, toda a familia participou na actividade. E, para rematar, cadaquén levou un calcetín (deses que sempre temos desparellados na casa) para aprender a facer unha fantástica marioneta.



Grazas á familia Barbosa polo seu entusiasmo e a súa disponibilidade total!

E grazas a todos os pais e nais que, semana a semana, achéganse cos seus fillos e fillas para introducilos no marabilloso mundo dos contos!

viernes, 30 de noviembre de 2012

A QUE SABE A LÚA


Nova sesión das Tardes de Conto. 

Nesta ocasión estivo a cargo da mamá de Lara (Educación Infantil 4 anos A). Como podedes ver, a contadora e os "escoitadores" foron construíndo este fantástico conto, e remataron elaborando uns fermosos marcapáxinas nos que aparecían os personaxes deste magnífico álbum creado por Michael Grejniec. 

Todos os presentes disfrutamos un montón. Non en van, A que sabe a lúa é un dos contos favoritos dos nosos lectores.




Grazas a Lara e a súa mamá por esta magnífica tarde de lectura e actividades compartidas.