GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

FORMACIÓN DE USUARIOS



Saber desenvolverse nunha Biblioteca, atopar os documentos que precisamos ou buscar información constitúen habilidades das que, en principio, os nosos alumnos e alumnas carecen. É a nosa responsabilidade proporcionarlles os medios para adquirilas. 

Nesta páxina poderedes acceder ós materiais que, ano a ano, temos deseñado na nosa Biblioteca.