GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta Recreo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recreo. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de mayo de 2014

QUE FAS NO RECREO...?



Pode ser un bo intre para investigar na Biblioteca. 

Como vedes, estas alumnas aproveitan o seu recreo para investigar nos ordenadores da Biblioteca e completar os cuestionarios de A voltas coa lingua.


Non vos parece unha boa opción?

domingo, 20 de abril de 2014

PARCHÍS ORTOGRÁFICO




Un xogo organizado polo Voluntariado Bibliotecario. 

Durante as pasadas semanas desenvolveuse, co alumnado do Segundo Ciclo, o Concurso Ortográfico maxistralmente organizado por Aine, voluntaria bibliotecaria de 4º curso de Primaria. 

Antes de nada, preparáronse as Normas e a Cartelería, que se distribuíron polas aulas do ciclo: 



Nos meses de marzo e abril, durante os recreos, os participantes estiveron competindo entre eles. Logo, establecéronse as semifinais entre os vencedores de cada quenda. 

E, por último, xusto antes das vacacións de Semana Santa, os finalistas tiveron un derradeiro encontro. 

Aquí os vedes ós catro, felices e contentos: Xoan, Mario, Anxo e Antón, acompañados de Aine. Ó final, o vencedor resultó ser Anxo. 

Estas son algunhas imaxes da "contenda":



Parabéns... e grazas por participar!


sábado, 2 de marzo de 2013

UN RECREO NA BIBLIOTECA


Ás veces, durante o recreo, prodúcense intres máxicos.

Adoita haber moito movemento de empréstitos (e máis se se trata dun venres). Pero... de súpeto, todo queda nun remanso de paz. E, entón, podemos disfrutar de imaxes espontáneas coma estas.



Non vos parece pura maxia...?