Durante as vacacións do Entroido, a familia de Masha aproveitou para levar a Frianciño, o seu convidado, a coñecer o Pazo de Castrelos. Quedou encantado de coñecer este enclave que tanto caracteriza á nosa cidade. Estes son os comentarios que nos achega a familia:
Ola.
Mándovos as fotos con Frianciño de paseo polo Pazo Quiñones de León, no parque de Castrelos.
Un lugar moi fermoso da nosa cidade.
Nel atopamos un exemplo da arquitectura dos pazos galegos, coas súas torres simétricas da fachada.
E nos seus xardíns, uns paseos bordeados de setos formando labirintos, e series de arcos de formas rectangulares e semicírculares.
A Frianciño gustoulle moito o paseo!
Pois xa sabedes...! Non vos pica a curiosidade para vos dar unha volta polo pazo?
Moitas grazas, familia! Frianciño pasouno de marabilla convosco!



No hay comentarios:
Publicar un comentario