GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 27 de febrero de 2016

ROSALÍA HIPERVINCULADA



Traballando a competencia dixital a partir da biografía da poetisa.

Co gallo do Día de Rosalía, propuxemos para 4º, 5º e 6º cursos de Primaria traballar a lectura e a escritura hipervinculadas. Para iso creamos un post no que ofreciamos as ferramentas de traballo. Con elas, cada alumno, facendo uso das súas habilidades á hora de editar e ilustrar un texto, preparou o seu propio documento.

A continuación presentamos unha pequena escolma destes traballos.


No hay comentarios: