A pasada fin de semana, Frianciño disfrutou do lindo na casa de Irene (4 anos). Aproveitando o bo tempo, decidiron irse fotografar a un lugar cheo de cor e luz: as escaleiras da rúa Don Quixote. E que ocurríu...? Pois que alí tamén atoparon a Dani e ó irmán de Frianciño. Sería unha casualidade...? Sería o sangue...? Ou serían as plumas...?
Fora o que fora, o caso é que o lugar da moitísimo de si. Mirade que fotos tan bonitas nos mandan os papás de Irene! Con estes primeiros planos podemos descubrir moitos máis segredos matemáticos!
Que gozada de fotos! Grazas, familia!





No hay comentarios:
Publicar un comentario