GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de junio de 2016

A ILLA DAS ESCULTURAS


Un auténtico paraxe xeométrico. 

Hai algunhas semanas Belén (a nai de Iván) achegounos algunhas imaxes da saída que realizou a A.N.P.A. pola ribeira do Lérez no mes de maio. Unha fermosísima ruta durante a cal os participantes disfrutaron da xeometría, especialmente ó pasar pola Illa das Esculturas.












Se premedes neste enlace poderedes disfrutar doutras imaxes da saída.

Moitas grazas, Belén. E moitas grazas á A.N.P.A. por organizar estas saídas tan instructivas e familiares!

domingo, 22 de junio de 2014

FIN DE CICLO MARÍTIMO



Uns días antes da súa graduación.

Os nenos e nenas de 5 anos, acompañados das súas titoras, remataron o ciclo cunha saída moi relacionada co noso PDI: viaxando en barco á Illa de San Simón.

Como veredes nas imaxes, a experiencia resultou sumamente gratificante para os rapaces (e para os profes). As facianas eran todo felicidade.



jueves, 19 de junio de 2014

OS ALUMNOS DE 3 E 4 ANOS VISITAN O MUSEO DO MAR



Que mellor modo de rematar un curso adicado ó mar?

Os nenos e neas de 3 e 4 anos acudiron a semana pasada ó Museo do Mar. Foi un día fantástico, no que poideron pórse na pel dun mariñeiro: intentando pescar con cana, disfrutando co acuario... incluso vestindo traxe de augas!

Un fermoso xeito de pór de manifesto todo o que temos aprendido este curso!



domingo, 15 de junio de 2014

OS PIRATAS DE FRIAN CONQUISTARON CÍES



Vencendo todos os elementos.

Cunha semana de retraso, damos conta da saída que a A.N.P.A. do noso cole organizou o pasado domingo día 8 de xuño a Cíes.

Enfrontándonos á tremenda mañán que se presentaba, case trescentas persoas da nosa Comunidade Educativa embarcámonos en dous barcos. Algúns, prudentes, decidiron que o día non estaba para viaxes, e quedaron na casa. Talvez non lles faltaba razón, porque case ninguén sobrevivíu ó mareo.

O frío e a chuvia acompañáronnos durante toda a mañán. Pero, cando case estabamos a nos arrepentir da nosa ousadía... saíu o sol. E poidemos patear, xogar... incluso nos bañar!

Aquí está a reportaxe gráfica. Reparade nesa muller vestida de verde ó lado da cabina: é Mónica, a patrona do barco que nos levou ata as Cíes.





Grazas á nosa magnífica A.N.P.A., que sempre nos acompaña na andaina do noso PDI. E grazas ós que compartistes connosco este día inolvidable. 

domingo, 16 de marzo de 2014

DO AREAL Á PORTA DO SOL



Para saber máis sobre o mar de Vigo. 

Esta mañán reunímonos un elevado número de familias para facer unha andaina polas rúas máis tradicionais da nosa cidade. 

O día acompañou, aínda que o tempo fíxose escaso e tivemos que acortar o programado. Outro día continuaremos!

Durante o percorrido reparamos en varias esculturas de temática mariña nas que nunca nos fixaramos; atopámonos con algúns escritores; pisamos sobre terreo gañado ó mar... 

Para mostra, esta colección de imaxes do día: 





E como o asunto era descubrir... sabedes xa que representan estas fotos...?



Contádenolo cubrindo este formulario.



sábado, 15 de marzo de 2014

SAÍDA CULTURAL E MARIÑEIRA



Polas rúas de Vigo. 

Seguro que xa todos o sabedes, pero... por si acaso... lembrámosvos que, mañán domingo día 16... vémonos nos Xardíns da Comandancia. Ás 10:45.

Vinde dispostos a aprender e a camiñar. 

miércoles, 26 de febrero de 2014

EXCURSIÓN AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO P.N. DAS ILLAS ATLÁNTICAS




Xabier, de 5º B, fai a reseña da saída. 


Martes 18 de febreiro de 2014

Hoxe os alumnos de 5º tivemos unha excursión ao Centro de Interpretación do Parque Natural das Illas Atlánticas. 

Pola mañá, antes de coller o autobús, estivemos recortando uns tentáculos para o noso disfraz. 

Cando xa estabamos no autobús fomos todos falando ata chegar ó Principe; dende alí camiñamos á Praza da Constitución, que tiña moitos camiños que levaban ata a Cerería, ós Cesteiros, a Librería Kalandraka e ata a Colexiata. Nós fomos polo camiño da Colexiata, e cando xa estabamos máis cerca démonos conta de que tiña un reloxo de sol. 

En canto chegamos ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas, os monitores, Suso e Mónica, dixéronnos que deixaramos as chaquetas e as libretas apartadas, xa que non precisabamos anotar nada. 

O primeiro que fixeron os monitores foi falarnos das Illas Atlánticas. Dixéronnos que estaban divididas en catro arquipélagos, que eran: Ons (á que tamén chaman Illa das Cores, na Ría de Pontevedra), Sálvora (a Illa das Esculturas) xunto con Cortegada (A Illa dos Trasnos) na Ría de Arousa e Cíes (a Illa das Praias) na Ría de Vigo. 

Logo dividímonos en dous grupos: 5º A e 5º B. Eu estaba no grupo de 5º B. 

O primeiro xogo que fixemos consistía en que eramos de distintas profesións, e coa axuda duns libros xigantes tivemos que completar un folio. Logo baixamos a ver un vídeo sobre os corvos mariños e as súas crías. 

Cando o outro gupo rematou fomos nós á actividade na que estaban eles. Cun imán tiñas que pescar un animal pegado a unha chapa, e logo tiñas que atopalo nos paneis e colocalo no seu ecosistema. 

Cando rematamos todos e estabamos a puntiño de marchar déronnos uns marcapáxinas para repartilos cando chegaramos a clase, 

Xa afora aproveitamos para ir pola Rúa dos Cesteiros. 

O autobús, en vez de deixarnos no colexio, deixounos no Carrefour, e de alí fomos andando ata o colexio. 

Xabier Ferreiro - 5º B de Primaria

domingo, 26 de enero de 2014

NO MAR DA CORUÑA



A crónica da profe Luz. 

O mércores día 22 os nenos e as nenas de 6º visitamos a Casa das Ciencias, o Planetario, o Domus e o Acuario en A Coruña. Había tantas cousas que ver, coñecer, aprender e comprender que non sabiamos por onde empezar. 

A verdade é que foi una saída moi interesante e completa. 

Nas fotos poderedes ver o ben que o pasamos.



lunes, 23 de diciembre de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL



A derradeira semana de novembro, os nenos e nenas de 6º curso de Primaria visitaron a Biblioteca Central.

Foron recibidos polo bibliotecario, quen lles explicou o funcionamento da mesma. Isto non lles sonou novo, xa que adoitamos facer Formación de Usuarios na biblioteca do noso cole.

Logo pasaron á sala principal. E, por último tiveron a sorte de manipular uns documentos preciosos e facer un xogo.

Aquí tendes algunhas instantáneas da saída.



Grazas á profe Luz, a nosa reporteira enviada para a ocasión!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

MERGULLÁNDONOS NO NADAL




Cos nenos e nenas do 1º curso de Primaria e a Sección Bilingüe de Plástica.

O pasado luns día 10, os nenos e nenas de 1º curso desprazáronse á Rúa do Príncipe para participar no Concurso de árbores de Nadal. Acudiron acompañados das profes Montse, Luz, Nieves e Ally.

Despois de traballar arreo na elaboración dos seus adornos navideños, pasaron unha mañá estupenda, culminando a tarefa realizada.

Os adornos fixéronos na Sección Bilingüe de Plástica, e, continuando co tema do noso PDI (A lingua sabe a mar) consistiron en peixes e estrelas de mar elaborados con materiais de refugallo.

Neste enlace podedes ver a nova recollida na páxina web do cole (en Inglés, obviamente).

A nosa sorpresa veu de Maite, a mamá de Santi. Por ela soubemos que a nova tivo tanta importancia... que ata saiu na tele!





Mágoa que só había un premio. Mais o importante é participar. Parabéns!


viernes, 11 de octubre de 2013

SAÍDA Ó MUSEO DO MAR



Os rapaces e rapazas de 6º curso coñecen os segredos do mar. 

O xoves 10 de outubro, o alumnado de 6º curso de Primaria acudiu ó Museo do Mar de Galicia para aprender moitas cousas sobre os peixes e sobre o mar.

A visita comezou no acuario, onde atoparon animais mariños preciosos: dende quenllas ata raias.

O home tivo sempre moito interese por coñecer o mundo submariño. Os rapaces poideron afondar na historia deste achegamento na exposición sobre os distintos traxes de buzo. Un obxecto moi salientable foi o submariño de Sanjurjo Badía, inspirado, talvez, do Nautilius soñado polo seu amigo Julio Verne.

Pero non todo foi escoitar: tamén houbo actividades e experimentos cos que disfrutaron moitísimo. Só hai que velo.



Neste enlace temos máis fotos dos alumnos de 6º A.