GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 16 de febrero de 2016

FRIANCIÑO E A FAMILIA LAREDO...



... co Nadador de Leiro. 

Esta fin de semana, a pesar do mal tempo, Frianciño marchou á casa de Claudia e Olivia. A súa familia, moi valente, decidíu que había que mostrar a cidade ó convidado. E chegaron ata o porto. Aquí vos deixamos as palabras que nos envían:

Esta fin de semana, a pesar do tempo, estivemos na dársena de A Laxe; fixemos fotos con "el nadador" de Francisco Leiro, xa que na escultura está incluída unha curiosa forma xeométrica que nos gustou para fotografar.



Ademais, quixemos fotografarnos cun veleiro para amosar que os seus mastros tamén teñen forma de L.



Grazas. Gustounos moito esta idea... Esperamos que volva a casa.


Grazas a vós, familia! Pasear polo porto en pleno temporal tamén ten sido unha experiencia para Frianciño, acostumado á tranquilidade da Biblioteca!

No hay comentarios: