Unha das intencións deste curso escolar é potenciar as recomendacións entre o alumnado, empregando, para iso, un novo formato: o vídeo.
Sen embargo, grabar unha recomendación non é tan sinxelo como pórse diante da cámara e falar. Se queremos ser realmente efectivos, debemos planificar o noso discurso:
- Presentarnos (quen somos e en que curso estamos)
- Presentar o libro que queremos recomendar (título, autor, ilustrador, editorial...)
- Razóns para recomendalo (non se trata de contar o argumento, senón de dar razóns de peso para que o público o lea)
- Idade para a que o libro está recomendado
- Conclusión (unha palabra para que os lectores se animen a ler a obra)
Como exemplo, deixámovos este vídeo no que imos desgranando cada apartado do discurso:

No hay comentarios:
Publicar un comentario