GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades para familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades para familias. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de mayo de 2016

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL


Elixindo a imaxe para o noso Día da Feira.

Como saberedes, o vindeiro martes 7 xuño (se o tempo o permite) celebraremos a Feira Fin de Proxecto. E, como xa ven sendo tradicional, as familias participades con imaxes para elixir o cartel deste día. Sen embargo, este curso, dado que estivestes a investigar sobre imaxes matemáticas, imos introducir unha variante. Das imaxes enviadas durante o curso, o Equipo de Biblioteca ten feito unha selección entre as que elixiremos a que máis nos guste para plasmar no cartel.

Para colaborar connosco, seguide este proceso:
  1.  Visualiza as fotos seleccionadas no seguinte enlace:  https://picasaweb.google.com/108810591955618978279/6290052710502872865?authkey=Gv1sRgCJjShfzLlcGSXg#slideshow/6290052712700024754
  2. Despois de visualizalas, elixe a que máis che gusta. Fíxate no número escrito debaixo (Foto x). 
  3. Agora, entra no seguinte cuestionario e pica o número que corresponde á foto que che gusta. 
  4. Cando remates, non esquezas premer no botón ENVIAR para que a resposta quede  gravada. 
Non te demores! Tes de prazo ata o sábado 4 de xuño.





miércoles, 25 de mayo de 2016

MATEMÁTICAS DO DÍA A DÍA


Con Pablo e Frianciño. 

Despois de pasar todo o curso de familia en familia, Frianciño botaba de menos tanta actividade. Así que, esta fin de semana, marchou de novo, nesta ocasión, a casa de Pablo (6º A). O seu anfitrión decidíu mostrarlle a súa cotidianeidade. E... sorprendente! As matemáticas sempre están aí.

Estas son as palabras de Pablo:

Esta é unha das porterías do parque do meu barrio (mide 2m de alto e 3m de longo). Non é o mellor parque do mundo pero é onde mellor o paso cos meus amigos. Aquí son feliz. Encántame xogar ao fútbol.


Ás veces, sobre todo no inverno cando chove e non se pode saír fora, paso o tempo cos meus pais e a miña avoa xogando con xogos de mesa como o parchís, as cartas, etc.



Grazas, Pablo! Grazas a ti, Frianciño tamén está empezando a se dar conta de que, sen saír da Biblioteca, tamén pode atopar un mundo matemático. 

miércoles, 18 de mayo de 2016

VIVIMOS NUN MUNDO MATEMÁTICO: O LIBRO


Recompilando as vosas pesquisas.

Durante todo o curso, moitas das familias da nosa Comunidade Educativa estiveron pescudando en busca de imaxes matemáticas presentes no noso entorno, ás veces, incluso, sen saír da casa.

Finalizada a actividade, aquí temos a recompilación. Unha merecida homenaxe a todos e a todas os que a fixestes posible.


martes, 17 de mayo de 2016

VAIA SORPRESA!


Un graffiti matemático no barrio!

Xa dabamos por concluídas as viaxes de Frianciño en busca dun mundo matemático cando, de repente, atopamos no correo a mensaxe da familia Roca, totalmente "abducida" nesta pesquisa matemática.

Mirade o que nos conta Carlos, o pai de Bernal e Icía:

Ola! No barrio temos un graffiti máis que interesante para a serie de fotos de "Vivimos nun mundo matemático".

Descoñecemos o autor e a súa intencion, pero non hai dúbida do que é 3,14.

Pi é un número irracional (non pode ser expresado como fracción de dous números) que se define como a relación entre o que mide a circunferencia e o seu diámetro (a liña entre dous puntos da circunferencia que pasa polo centro).


Bernal e Icía no papel da coma, separan o enteiro do decimal.

Realmente, fantástico! Encántanos todo: primeiro, a vosa iniciativa e interese por seguir descubrindo as matemáticas na vida cotiá. E, como non, a posta en escea! Que ben lles acae a Icia e a Bernal o look rapeiro!

Grazas, familia!

miércoles, 11 de mayo de 2016

FRIANCIÑO, ENTRE CUBOS E XEADOS



Con Olivia. 

A pasada fin de semana, Frianciño marchou a casa de Olivia. A pesares do tempo, foron tomar un xeado, e atoparon un cubo... aínda que non de xeo. Mirade o que nos conta Mª Jesús, a nai de Olivia:

Ola! De novo tivemos a Frianciño na casa. Esta vez levámolo a tomar un xeado, e alí había un xoguete que lle encantou! O cubo de Rubick. 

Grazas e ata o ano que ven!

Moitas grazas, familia. Co tema das matemáticas, o cubo de Rubick está moi de moda no noso cole. 

jueves, 5 de mayo de 2016

FRIANCIÑO, NO PARQUE INFANTIL



Con David. 

A fin de semana pasada, Frianciño marchou con David (3 anos B). Que ben o pasaron no parque infantil, cheo de liñas paralelas, horizontais, verticais... un auténtico xogo matemático!



Grazas, familia!

miércoles, 4 de mayo de 2016

INTENSA FIN DE SEMANA


Con Frianciño e Anxo. 

Esta fin de semana, Frianciño chegou esgotado de casa de Anxo. Vaia movemento! E que cantidade de formas xeométricas: liñas rectas, curvas, no deporte, na arquitectura, na música... Isto é o que nos conta Mónica, a nai de Anxo.


Este finde, Frianciño estivo moi atareado coa nosa: foi ás olimpiadas con Anxo, e celebrou o Día da nai en Vilar de Mouros, en Portugal.




Frianciño chegou encantado. Sobre todo, porque nunca vira esas cordas tan grosas que fan música no contrabaixo. Agora anda voando coma un tolo pola biblioteca adiante buscando discos nos que toquen os instrumentos de corda. 

Grazas, familia!



martes, 3 de mayo de 2016

MATEMÁTICAS NA NATUREZA



Con Rocío e Frianciño. 

Levamos todo o curso descubrindo fermosas imaxes matemáticas nas nosas rúas, nas nosas casas... pero tamén a Natureza guíase polas matemáticas. Senón que llo conten a Rocío e a Frianciño, que hai un par de semanas atopáronse con elas no xardín da casa. Así nolo conta Marisol, a nai de Rocío:

É unha foto que fixemos no xardín da nosa casa, porque, efectivamente, vivimos nun mundo matemático, e no máis cotiá e cercano podemos encontrar figuras xeométricas; incluso na natureza. 

Estas palmeiras forman un pentágono case perfecto. 

Un saúdo. Grazas por estas iniciativas que despertan a curiosidade e observación polo medio que nos rodea. 
Grazas a vós, familia. Frianciño quedou encantado con este novo descubrimento!

sábado, 30 de abril de 2016

DE LIBRO EN LIBRO...


... con Zoe e Frianciño. 

A pasada semana, Frianciño marchou con Zoe a pasar a fin de semana, e sentíuse realmente coma na casa... Nada máis e nada menos que estiveron... no Salón do Libro de Pontevedra!

Así nolo conta Teresa, a nai de Zoe:

O moucho acompañounos ó último día do Salón do Libro en Pontevedra... Alí atopamos o salón cheo de figuras xemométricas... Que ben o pasamos buscándoas! E o moucho estivo con Orbil e con amigos contacontos...

Foi un día xenial!






Grazas, familia! Frianciño sentíuse, realmente, no seu ambiente!




jueves, 28 de abril de 2016

FRIANCIÑO CRUZOU A RAIA...


... e chegou ata Valença. 

Esta fin de semana, Frianciño marcho con Breogán e a súa familia. E xuntos, fixeron a primeira viaxe internacional do noso moucho: a Portugal. Mirade o que nos conta Breogán. Hai que ver o cultivados que veñen os dous!

Ola a todas e todos!

Esta fin de semana estiven coa miña familia e máis Frianciño na vila portuguesa de Valença. Unha vila bañada polo río Miño e separada por este da vila de Tui.

Dentro da súa fortaleza atopamos un miliario ou  pedra miliar.

É unha columna cilíndrica de pedra que os romanos colocaban na beira das calzadas que construían para sinalar distancias. O seu nome ven de indicar a distancia de mil passus (milla romana) que corresponde a 1480 metros.





E como o cilindro foi un dos corpos  xeométricos que estivemos a traballar este curso, decidimos facernos as "fotos matemáticas" nesta significativa pedra.

Este miliario, como se pode apreciar nas fotos, ten a seguinte inscripción: 

"TI(berius) CLAUDIUS. CAESAR / AUG(gustus) GERMANICUS /PONTIFEX. MAX(imus). IMP(erator) V / CO(n)S (ul) III, TRIB(unicia) POTEST(ate)./ III, P(ater) P(atriae) BRACA(ra) / XLII" 


Infórmanos de que foi o emperador Claudio quen ordenou construílo, na Vía IV do itinerario Antonino, e que a distancia entre Tui e Braga é de 42 millas pola mencionada vía.




Ten unha altura de 2,15 metros e un diámetro de 54 cm, pero coa axuda de papá,  Frianciño e máis eu puidemos subir e sacarnos as fotos que vos mandamos. Foi moi divertido!




Sen máis, despedímonos, mandándovos a todas e a todos un bico moi grande.

Que contento chegou Frianciño! Agora está moi interesado en aprender latín, que era a lingua que falaban Claudio, César, Germánico, e todos eses romanos que construían miliarios coma o de Valença. 

E que o saber non ocupa lugar!


martes, 26 de abril de 2016

FRIANCIÑO, EN SAN ADRIÁN DE COBRES


Con Hugo P. 

Esta fin de semana, Frianciño viaxou a Vilaboa con Hugo P. En concreto, estiveron na parroquia de San Adrián de Cobres, onde atoparon un muro de granito... cunhas columnas en forma de prisma que deixaban entre elas uns ocos rectangulares, de xeito que o conxunto formaba unha serie. 

Frianciño disfrutou moitísimo do sol e da saída... E de paso, enterouse de que en Cobres celébranse uns entroidos preciosos, nos que os personaxes máis famosos son as Madamas e os Galáns. Xa apuntou na axenda para acudir alí o vindeiro curso. 

Moitas grazas, familia! 


martes, 19 de abril de 2016

ACERTIXO MATEMÁTICO


Con Moisés e Frianciño.

Esta fin de semana, Moisés e a súa familia foron os anfitrións de Frianciño. Aproveitando o sorpresivo e soleado domingo, achegáronse ó Castro, e alí atoparon algo moi interesante. A ver se o atopades tamén vós. Isto é o que nos propón o papá de Moisés:

Hoxe saímos ata o parque do Castro, onde descubrimos as matemáticas en cada recuncho. Xogade con nós; atopade nestas fotos...
        • Pi,
        • X²,
        • Triángulos,
        • Un cono piramidal.



Grazas, familia! Que suxestión tan divertida!


domingo, 17 de abril de 2016

NA PRAIA DA PUNTA


Con Frianciño e Brais. 

A pasada fin de semana, Frianciño marchou con Brais (3 anos) e mais a súa familia. Non tiveron que ir moi lonxe para descubrir as matemáticas: no noso barrio, en Teis, está a Praia da Punta. E alí atoparon...

Cóntanolo a nai de Brais:


Aínda que non acompañaba o tempo, Brais saíu de paseo coa familia e Frianciño pola praia da Punta. Atopamonos con estas esferas e estas liñas paralelas. Esperamos que vos gusten.




Encántannos! Que fotos tan bonitas!

Graciñas, familia!




sábado, 16 de abril de 2016

FRIANCIÑO, POLAS ALTURAS


Con Sofía e a súa familia.

Esta fin de semana, Frianciño marchou con Sofía (5 anos B) e a súa familia. E vivíu unha experiencia única: nunca estivera tan alto.

Así nos conta a experiencia a nai de Sofía:

Sofía P. (5 anos B) e a súa familia levamos a Frianciño a coñecer un dos bancos máis bonitos do mundo: o Mirador Campo da Rata preto do Vixiador. Dende alí puidemos ver gran parte da Ría de Vigo, e a variedade de figuras xeométricas que se debuxan nela. E chegamos á conclusión de que as matemáticas en Galiza lucen moito máis.



Despois baixamos ó Zoo e alí, o oso Pelayo (que tamén está cheíño de formas) quixo posar para a nosa foto.



Grazas por inicativas coma esta, que fan que empecemos a fin de semana con máis ilusión aínda.


Grazas, a vos, familia! Frianciño quedou encantado de disfrutar da natureza!

viernes, 15 de abril de 2016

FRIANCIÑO, DE FIN DE SEMANA CON ADRIÁN


Aquí e acolá. 

Esta fin de semana Frianciño marchou a casa de Adrián (3 anos B) para pasar a fin de semana. Pasouno xenial, sobre todo porque atopou as matemáticas perto e lonxe, e porque os pais do seu amigo levárono a un lugar máxico que lle fixo lembrar a nosa biblioteca.

Ó lado da casa, xa nada máis saír, atoparon cunhas celosías que xogaban coas liñas curvas e as rectas.


Ó achegarse á rúa, viron clavado nun poste un espello redondo que sirve para evitar que os coches que teñen mala visibilidade choquen. 


E por último... foron pasear a Pontevedra, onde, ó ladiño mesmo da Peregrina, existe unha praza chea de letras na que estaba instalada... a Feira do Libro!




Mirade o que nos conta Pilar, a mamá de Adrián: 

Non nos acompañou moito o tempo, sobre todo porque me tocou traballar a fin de semana, pero fixemos o que puidemos co Frianciño.

Grazas por estes momentos!

Pois Frianciño cre que aproveitastes moitísimo. Aínda que, coa emoción de todo o vivido, non nos soubo contar se tamén estivestes no Salón do Libro que se celebra estes días pola capital.

Grazas, familia!


lunes, 11 de abril de 2016

FRIANCIÑO, CASE MONTADO NUN TREN


Buscando un mundo matemático con Mateo. 

Esta fin de semana Frianciño marchou con Mateo. E non foi moi lonxe: aquí mesmiño, en Teis, atoparon dúas longuísimas liñas paralelas entre as que había un montón de liñas perpendiculares ás anteriores e paralelas entre si. Estas son as palabras de papá de Mateo:


Oooola¡¡¡¡

Somos a familia de Mateo, de 2º A. Mandamos dúas fotos para ese proxecto no que participamos. Están tiradas cerca da estación de Teis.  

Un saudo




Frianciño quedou encantado. Nunca tan perto estivera das vías dun tren. Ademais, agradeceu que a esa hora non pasara ningún. Xa sabedes o que lle gusta o silencio, e... era quen de morrer co susto!

Moitas grazas, familia. 

lunes, 4 de abril de 2016

MATEMÁTICAS EN CADA CRUCE, EN CADA ESQUINA



Con Frianciño e Carmen. 

Esta fin de semana Carmen (2º A) aprendeu a Frianciño a descubrir as formas xeométricas nos sinais de tráfico. Non tivo que alonxarse moito, porque... estamos rodeados!

Aquí deixamos as palabras que nos envía Teresa, a nai de Carmen:

Ola a todos!
Esta fin de semana na que o tempo non nos acompañou Carmen quixo mostrarlle a Frianciño a importancia das formas xeométrinas nos sinais de circulación. Hai moitas diferentes. Espero que vos gusten. 









Queremos deixarvos unha foto que non ten que ver cos sinais de circulación, pero si coas formas xeométricas. A Carmen sorprendeulle moito, xa que non sabía o que era unha cabina telefónica, nin para que servía. Está claro que ela é da xeración dos teléfonos móbiles. 


Buf...! Encantáronnos as fotos! E a Frianciño tamén. Hainas sinais de todas as formas: circulares, triangulares, rectangulares, octogonais... Brancas, vermellas, azuis... Con números, con letras, con iconas... Verticais, horizontais... E a cabina... todo un tesouro!

Temos aprendido moitísimo. Grazas, familia!