GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 8 de febrero de 2016

FRIANCIÑO EN SALAMANCA...



... con Vega!

Que contento veu Frianciño a semana pasada! Sempre chega contentísimo das súas saídas de fin de semana. Pero, nesta ocasión, non só cruzou a Ría, senón que cambiou de comunidade autónoma. Acompañando a Vega e á súa nai, chegou ata Salamanca!

Aquí temos o que nos escribíu Vega:

Chámome Vega, e como de maior vou ser arquitecta, aproveitei que esta fin de semana visitei Salamanca para escoller un sitio onde as matemáticas teñen triunfado. A miña elección en principio foi a Praza Maior. Facía moito frío, e para que Frianciño non collera frío púxenlle un gorriño, como fixo miña nai comigo. Na Praza Maior había todo tipo de figuras xeométricas. 


Logo fun á Catedral, que por si non o sabes, o meu nome ven de alí: Vega é a patroa de Salamanca, e a súa imaxe atópase na Catedral Vella, porque esta cidade ten dúas catedrais, a nova e a vella. Como dentro non puidemos facer fotos, aproveitamos un patio das proximidades para facer outra foto con Frianciño.


A nai de Vega tamén quixo participar, e achegounos estas palabras que reproducimos:

Aquí a foto que faltaba sen Frianciño: a foto que escolleu Vega para a foto pola multitude figuras xeométricas que se encontraban nela, e outra para que vexas con que cariño cuidou a Frianciño.

Estupenda iniciativa. 

Un saúdo e grazas pot tanta adicación. 



Moitas grazas, Vega e mami! 

Grazas por participar con tanto entusiasmo. Sen a vosa axuda e a do resto das familias, iniciativas coma estas serían impensables!




No hay comentarios: