GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta 3ª Edic.Venres de Viva Voz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3ª Edic.Venres de Viva Voz. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de abril de 2012

O NOSO DERRADEIRO VENRES DE VIVA VOZ


Venres a venres, a nosa proposta para traballar a oralidade estendeuse a todas as aulas, e esta é a última proposta deste curso. Os nenos e nenas de Infantil 4 anos A, ademais de recitar, tamén representan un poema.

Aquí vos deixamos co seu recitado.  E que dicir... que estes alumnos e alumnas prometen...!



miércoles, 18 de abril de 2012

UN POEMA DA LÚA NO VENRES DE VIVA VOZ



Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de Educación Infantil 4 anos B prepararon un poema de Antonio García Teijeiro.

Cóntannos a relación que existe no ceo entre as estrelas e a lúa.




domingo, 8 de abril de 2012

UN VENRES DE VIVA VOZ E POESÍA


Seguindo cos ecos do Día da Poesía, neste Venres de Viva Voz os de 5º B estivemos a traballar a poesía.

Dúas foron as escollidas: Cando ti volvas polo mare de Valentín Paz Andrade (a quen este ano adicamos o Día das Letras Galegas) e o poema de Rosalía de Castro (de quen celebramos o 175 aniversario do nacemento) Adiós ríos, adiós fontes.


sábado, 10 de marzo de 2012

UN VENRES DE RIMAS PARA MAMÁ E PAPÁ


Este venres, os alumnos e alumnas de 3ºB adicaron o seu Venres de Viva Voz ás súas nais e pais que tanto traballan, recitando unhas rimas con moito amor.

Despois rematan o seu recitado cantando unha canción de Uxía sobre a laranxa e o limón.




viernes, 10 de febrero de 2012

UN VENRES DE CONTO COA LÚA, EN PRIMEIRO A



Os nenos e nenas de 1ºA fannos unha presentación dun dos contos que máis lle gustou na semana da Paz: A que sabe a lúa? de Michael Greiniec editado por Kalandraka.

Os rapaces e rapazas realizaron un panel co título do libro e a medida que van narrando a historia, van aparecendo os animais.



viernes, 3 de febrero de 2012

UN VENRES DE VIVA VOZ MOI ECOLÓXICO

Esta vez, os alumnos e alumnas de 3ºA explícannos as 10 razóns polas que hai que sementar árbores, e fan un recitado de poemas de Antón García Teixeiro sobre os bicos.


jueves, 26 de enero de 2012

ALGÚNS RESULTADOS DURANTE A SEMANA DA PAZ


Aquí tendes dous vídeos feitos polos alumnos e alumnas de 5º A a modo de Venres de Viva Voz.

Como estamos a fomentar nesta semana a convivencia en Paz, os rapaces crearon unha poesía coas letras da palabra PAZ. Logo, amenízaronnos co tema Whatever de Oasis.




viernes, 20 de enero de 2012

UNHA REPRESENTACIÓN MOI ESPECIAL

Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos B estreáronse hoxe nos Venres de Viva Voz.
Para este día, representaron o conto de Dona Carme. Ela tiña un sono tan pesado que nin todos os animais da granxa conseguían que Dona Carme acordara. Un can, un gato, un galo, un rato, unha ovella, un boi, un porco, un burro... aparecen nesta historia.



Parabéns a todos e todas !!!

viernes, 16 de diciembre de 2011

TEATRO PARA ESTE VENRES DE VIVA VOZ

Os nenos e as nenas de 4ºB no Venres de Viva Voz, fixemos unha pequena representación da obra El pajarillo herido.

Trata dun paxaro ferido que vai pedindo acubillo as distintas árbores do bosque para poder pasar o inverno. Só o abeto lle ofrece fogar e é por iso polo que o abeto non perde as súas follas.



Grazas por este traballo!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

TRADICIÓNS NAVIDEÑAS, LENDAS E OS PLANETAS PARA UN NOVO VENRES

Este venres día 2 de decembro, os nenos e as nenas de 6º B participaron un venres máis alzando a súa voz, e formaron tres grupos de traballo.
O primeiro grupo expresa a súa opinión sobre as tradicións navideñas. De xeito moi orixinal, este grupo falounos das tradicións navideñas en Escocia e Brasil. Logo, interpretaron unha canción de Nadal en inglés, titulada: Rudolph the red nose reindeer.




O seguinte grupo investigou sobre as lendas. Fálannos da Lenda do Bosque da Moura e da Lenda da Santa Compaña.




Tamén fan unha interpretación moi interesante da Santa Compaña.




O último grupo interesouse polos Planetas.




Durante a vídeo, explícannos o misteriosos e fascinantes que son os Planetas.





viernes, 25 de noviembre de 2011

UN CIRCO NO VENRES DE VIVA VOZ



Tamén comezou unha nova andaina dos Venres de Viva voz en Infantil.

Os nenos e nenas da clase de 5 anos A e a súa profe Conchi representaron un Circo xenial e moi ben organizado. Preparados porque comeza a función!!!




Un aprauso para este circo tan especial!!!

domingo, 20 de noviembre de 2011

UN CONTO DE MAGOSTO NO VENRES DE VIVA VOZ


Os nenos e nenas de 2º A estiveron preparando o conto A Castaña que rebentou da risa... 

Así pois, o venres xuntáronse na súa aula e invitaron a outros compañeiros e... 


...se queredes saber máis, mirade este vídeo!



miércoles, 16 de noviembre de 2011

UN VENRES DE VIVA VOZ MOI VARIADO


Estas foron as propostas dos alumnos e alumnas de 4ºA para os Venres de Viva Voz.

Como veredes, decantáronse por recitarnos unhas poesías relacionadas coas catro estacións.



Tamén nos falaron dalguns animais como as tartarugas, o tigre blanco, os linces...



e das setas e dos fósiles...

viernes, 11 de noviembre de 2011

3ª EDICIÓN DOS VENRES DE VIVA VOZ


Os alumnos e alumnas de 6º A continuaron co seu novedoso formato para o seu Venres de Viva Voz.


Decidimos facer un debate para a actividade da biblioteca “Venres de Viva Voz” porque encántanos expresarnos e escoitar distintas opinións. Despois de isto aínda quedábanos o tema a tratar no debate, pero enseguida chegamos a un acordo xa que a todos nos parecía interesante traballar sobre a interrogante “Hai vida fóra do noso planeta?”. Buscamos información, adaptámola á posición que tocounos defender e aquí está o resultado, esperamos que vos guste.