GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 13 de febrero de 2016

A NOSA PROPOSTA PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA RADIO



Xogar nas ondas.

O día 13 de febreiro, a UNESCO celebra o Día Mundial da Radio, que, nesta quinta edición, quere resaltar a función da radio en tempos de desastre e emerxencia.

Dende hai xa un par de anos vimos recollendo a invitación da Asociación Pedagóxico - Cultura Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio. Nesta ocasión, xa que o título do noso PDI é Entre liñas anda o xogo, quixemos recabar información entre os familiares do noso alumnado sobre os xogos tradicionais ós que adoitaban xogar os nenos e nenas da súa época.

Ó longo das últimas semanas fomos publicando distintas colaboracións. Hoxe damos a coñecer a montaxe coa que colaboramos na iniciativa de Ponte nas Ondas.


No hay comentarios: