Para celebrar o Día de Rosalía.
O vindeiro día 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Entre as variadas actividades que temos programado (e que iredes coñecendo pouco a pouco) figura esta, coa que queremos afacer ó noso alumnado a ler e escribir empregando hipervínculos.
A actividade está enfocada para 4º, 5º e 6º cursos de Primaria, e consistirá en elaborar unha biografía hipervinculada de Rosalía. Os pasos que deberedes dar son os seguintes:
- Descarga no teu ordenador a biografía de Rosalía que atoparás neste enlace.
- Le o texto atentamente e divídeo nos seguintes epígrafes:
Quen foi?
De onde era?
A lenda
O seu legado
Lembra
- Preme nos códigos QR que tes a continuación, e le atentamente as páxinas web ás que accedas. Relaciona cada enlace con unha (ou varias) palabras do texto que tes descargado.
- Crea no texto descargado os hipervínculos correspondentes.
- Personaliza o texto, engadíndolle algunha imaxe que consideres axeitada para ilustralo (as imaxes deberán estar libres de dereitos).
- Cando teñas rematado todo, pasa o teu texto a formato pdf e envíao por correo electrónico a:
biblioteca@ceipfrianteis.com
Lembra neste enlace todo o que deberías saber sobre imaxes libres de dereitos.
Imaxe: LUIS MIGUEL BUGALLO SÁNCHEZ. Estatua de Rosalía en Padrón. En Wikimedia Commons. CC BY-SA 3.0








No hay comentarios:
Publicar un comentario