GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 9 de febrero de 2016

FRIANCIÑO, CON ROI EN CABO HOME


Desafiando ó mal tempo. 

Esta fin de semana, Frianciño acompañou a Roi (2º B) e á súa familia a disfrutar da beleza do mar. Así que, novamente, voltaron ó outro lado da Ría, aínda que a un lugar máxico: Cabo Home. Así nolo conta o pai de Roi:



Ola, amigos de Frian!

Esta fin de semana, Frianciño veu de excursión coa familia de Roi. Visitamos Cabo Home, en Donón (Cangas) para ver a inmensidade do Océano Atlántico a través dun ollo matemático: o Mirador da Caracola, unha escultura de Lito Portela. 



Moitísimas grazas familia! Son unas imaxes ben fermosas!

No hay comentarios: