Esta semana o noso alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, despois de ler e analizar poemas de Rosalía, creou as súas propias nubes de palabras. Ver ós rapaces traballar en grupo arredor dos ipads daba gloria. Esta imaxe repitíase en todas as aulas, aínda que só a tiveramos retratado no grupo de 3ºA. Por iso non queremos deixar de compartila convosco.
E por si aínda non o tedes visto, neste enlace atoparedes os traballos que elaboraron.




No hay comentarios:
Publicar un comentario