Despois de tanto traballo (e despois de dous anos sen poder saír), por fin lucíu o sol, e todo o cole puido desfilar polas rúas do noso barrio cos nosos preciosos disfraces. Unha variedade de formas, motivos, xogos, realidades... que podemos atopar entre liñas: os pintores, as letras do alfabeto, os números, o xogo do parchís, o calendario azteca, a baralla, o ciclo da auga, os bolos celtas, os planetas, os códigos de barras....!
Como veredes polas fotos, non fomos sós: unha multitude nos acompañou: os pais, os avós, os familiares... tamén a Policía Local. A expectación era maior que cando o Celta triunfa nun partido histórico!
E despois do traballo e da festa... disfrutade dun Feliz Entroido!

No hay comentarios:
Publicar un comentario