GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de junio de 2013

5 de xuño: DÍA DO MEDIO AMBIENTE...



... na Praia do Vao. 

Organizado polo Concello de Vigo, os nenos e nenas de 5º curso de Primaria acudiron á Praia do Vao para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. 

Foi unha xornada de xogos, de aprendizaxe, pero, sobre todo, de aprender xogando (ou de xogar para aprender): xogos coa area, circuítos sobre animais acuáticos, reflexións sobre os perigos dos plásticos no mar e sobre a importancia das dunas...

Ademais das titoras e dos monitores encargados da actividade, os rapaces estiveron acompañados polo Alcalde e maila Concelleira de Medio Ambiente, que non quixeron perder a oportunidade de celebrar esta data coa rapazada. 

Se premedes na seguinte foto, poderedes acceder ó magnífico álbume elaborado pola nosa reporteira gráfica: a profe Luz. 




Sen dúbida, todo nos enfoca, xa, ó PDI do vindeiro curso: A lingua sabe a mar. 

domingo, 10 de junio de 2012

TRES ÁRBORES DE RECICLADO


Dende a nosa biblioteca fixeramos a proposta de traballo para o 5 de xuño, no Día Mundial do Medio Ambiente, e nalgunhas aulas, ademais do traballo co glogster que vos amosamos no seu momento, adicáronse a reciclar material e crear unhas árbores con material de refugallo, comprobando así que ás veces podemos aproveitalo para facer ARTE.

Os alumnos e alumnas de 6ºB, aproveitando as caixas de cartón  dos paquetes de ovos e os tapóns de plástico das botellas, que estamos a donar no centro para a axuda que fai a Fundación SEUR aos nenos e nenas con enfermidade; crearon a súa cerdeira particular.


Na aula de 5ºB   elaborouse  unha ceiba cos mesmos tapóns de plástico das botellas e xornais.


Os alumnos e alumnas de 6ºA realizaron a súa cerdeira co mesmo material de refugallo (tapóns das botellas, xornais vellos e cartón das caixas de galletas)



miércoles, 6 de junio de 2012

CARTEIS NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe, martes día 5 de xuño, os nenos e as nenas de 6ºB fixeron uns carteis dixitais, cuxo obxectivo principal é chamar a atención de todos nós no que se refire a coidar o noso planeta Terra, xa que debemos ter en conta que só temos unha e que se non a tratamos mellor, quedaremos sen ela.
Aquí vos deixamos esta recopilación :

domingo, 3 de junio de 2012

NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento anual que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas do 15 de decembro de 1972.


O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio Ambiente implicando ás persoas nos  temas ambientais, motivándoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo,  promovendo o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude hacia estes temas  e fomentando  a cooperación, que garantirá que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro.

Por iso,  dende a  nosa biblioteca,  facémosvos unha proposta de traballo durante toda esta semana, accedendo a este Glogster, elaborado pola profe Luz Salvador,  onde podedes atopar dende información sobre este día ata cancións nas tres linguas, fomentando o respecto polo Medio Ambiente, o reciclado e a conservación do noso Entorno; un LIM elaborado polo noso profe Victorio Blanco sobre os Ecosistemas e unha variedade de xogos en liña para afianzar todas estas boas actitudes de respecto.