GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 26 de febrero de 2016

NUBES DE PALABRAS PARA ROSALÍA


Creadas con Wordsalad.

O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, para celebrar o Día de Rosalía, estivo a traballar sobre diversos poemas da autora. Analizado o contido de cada un, a tarefa consistíu en elixir aquelas palabras que lles suscitara a lectura. Posteriormente, axudándose da app Wordsalad, crearon cadansúa nube de palabras.

1º de Primaria e Educación Infantil compartiron o poema Vente, rapasa, de Cantares Gallegos. Este foi o fragmento e as nubes de 1º A:






Este fragmento corresponde á nube de 1º B:






O último fragmento do poema correspondeu ó alumnado de Educación Infantil, que creou seis nubes de palabras:








O alumnado de 2º e 3º traballou sobre o poema Has de cantar, tamén de Cantares Gallegos. O grupo de 2º A traballou sobre o primeiro fragmento. A continuación aparecen as nubes de palabras que elaboraron: 







O segundo fragmento correspondeu ó alumnado de  2º B:






Este é o fragmento sobre o que traballaron na aula de 3º A:







O último fragmento correspondeu á aula de 3º B:







O traballo con estes poemas de Rosalía suscitou grande interese. Así, sorprendímonos co recitado espontáneo do seu fragmento por parte do alumnado de 3º A:




Ou ca porta decorada polo alumnado de 3º B:



Como vedes, no colexio un fino arrecendo nos lembraba a Rosalía en cada esquina. 

No hay comentarios: