E coa familia de Adrián.
Esta fin de semana, a pesar do tempo desapacible, Frianciño saíu novamente da Biblioteca e recalou na casa de Adrián (5 anos A). Así nos conta a súa familia a experiencia:
Nestes días de frío e chuvia, Frianciño acompañounos a un montón de sitios, dende as clases de natación ata pasear. E, na nosa cidade, o recuncho máis matemático é o dodecaedro de Castrelos. Alí, Adri e máis o seu irmanciño fixeron a parada para a súa foto.
Pois moitas grazas, familia, por tratar a Frianciño como un máis na casa!

No hay comentarios:
Publicar un comentario