Con Alma e Frianciño.
Todos sabemos que dos exemplos máis sinxelos podemos extraer grandes ensinanzas. Iso é o que nos teñen demostrado
Alma (2º B) e a súa familia, que, sen saír do portal da casa, teñen feito grandes descubrimentos matemáticos con
Frianciño.
Aquí vos deixamos a mensaxe da mamá de Alma:
As fotos están feitas na entrada do noso edificio, no ascensor, no noso piso. Unha simple ollada á nosa contorna máis achegada, á roupa que vestimos, ás sillas, ás mesas, ó chan das nosas casas, ós nosos xoguetes, para darnos conta que os números, rectángulos, círculos, cadrados e moitos outros elementos matemáticos forman parte do noso día a día, e que necesarios son! Ata a caixiña de Frianciño! E en todas as artes!
Los números
Poema de Antonio A. Gomez
El uno es un lápiz
y un cisne el dos,
el tres es gaviota
y el cuatro, un sillón.
El cinco es un garfio
y el seis, caracol,
el siete es muleta
y el ocho, algodón.
El nueve es monóculo
y el diez juega al golf,
el once dos flechas
y el doce, un sifón
Los números tienen
figura y color
y el cero es, sin duda,
un pequeño sol.
Un abrazo matemático
Moitísimas grazas, familia! Temos aprendido moitísimo convosco, e seguro que nos distes moi boas ideas. E, sobre todo, grazas polo voso poema matemático.
E como nos escribistes cousas tan bonitas, queremos facer a despedida coas palabras coas que comezaba o voso e-mail: Moitas grazas por aprender á nosa filla dun xeito creativo que as matemáticas están presentes en todas partes, incluso nos máis pequenos detalles.