GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 20 de marzo de 2016

21 de MARZO


Día da Poesía

Aínda que este curso o Día da Poesía coincide durante as vacacións de Semana Santa, nós non nos esquecimos del. Ó contrario: témoslle dado a relevancia que require, adicando non un día, senón todo o mes á poesía. Así, durante as Horas de Ler de marzo escoitamos pola megafonía os Poemas matemáticos gravados por varios alumnos e alumnas bibliotecarios.

E para suliñar esta data, que coincide co comezo da primavera, temos organizado un Concurso de recitado. A participación foi voluntaria, e soamente tivo unha condición: que o poema elixido pertencera ó poemario Os soños na gaiola, de Manuel María, poeta homenaxado este ano no Día das Letras Galegas.

A continuación deixámosvos os vídeos do alumnado participante. Están organizados en dúas modalidades: recitacións individuais e recitacións colectivas. Á volta de Semana Santa, un xurado nomeado ó efecto outorgará os premios correspondentes.






Parabéns, chicos, pola vosa participación!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola! Hai un erro nos nomes...non é Eva senón Claudia. Grazas