Aínda que este curso o Día da Poesía coincide durante as vacacións de Semana Santa, nós non nos esquecimos del. Ó contrario: témoslle dado a relevancia que require, adicando non un día, senón todo o mes á poesía. Así, durante as Horas de Ler de marzo escoitamos pola megafonía os Poemas matemáticos gravados por varios alumnos e alumnas bibliotecarios.
E para suliñar esta data, que coincide co comezo da primavera, temos organizado un Concurso de recitado. A participación foi voluntaria, e soamente tivo unha condición: que o poema elixido pertencera ó poemario Os soños na gaiola, de Manuel María, poeta homenaxado este ano no Día das Letras Galegas.
A continuación deixámosvos os vídeos do alumnado participante. Están organizados en dúas modalidades: recitacións individuais e recitacións colectivas. Á volta de Semana Santa, un xurado nomeado ó efecto outorgará os premios correspondentes.
Parabéns, chicos, pola vosa participación!

1 comentario:
Ola! Hai un erro nos nomes...non é Eva senón Claudia. Grazas
Publicar un comentario