Con Zoe, de 1º B.
A fin de semana pasada Frianciño marchou para casa de Zoe. E xuntos foron visitar un precioso parque ubicado no noso barrio de Teis: o parque da Riouxa. Se vos fixades como Zoe e a súa familia atoparedes un montón de elementos matemáticos. Aquí está o que nos conta a súa nai:
De paseo no parque da Riouxa o vernes 11 de marzo, Zoe e Frianciño atopáronse co primeiro elemento xeométrico: un cadrado que, xunto cuns cantos cadradiños máis acompañados dalgúns rectángulos forman o paseo que nos baixa á zona preferida de Zoe: o parque infantil.
Ademais atopáronse cunhas fontes tamén rectangulares, un par de filas de árboles moi ben colocadiños e un dos elementos máis característicos da Riouxa, a gran circunferencia que nos atopamos o fondo.





No hay comentarios:
Publicar un comentario