GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 1 de marzo de 2016

MATEMÁTICAS NO XARDÍN DA CASA



Con David e Frianciño. 

Esta fin de semana Frianciño marchou a casa de David. E non tivo que ir moi lonxe: no xardín da súa casa atoparon dous interesantes motivos para fotografar: dúas liñas paralelas de árbores que, cando son vistas dende a fronte, producen unha curiosa liña de fuga. 


A fachada do edificio é un xogo de cadrados de diferentes tamaños, materiais e texturas. Vaia unhas fiestras máis divertidas!

Grazas, familia!


No hay comentarios: