Estes son os nosos Alicia e Coello.
Como lembraredes, antes de Semana Santa convocamos un concurso para atopar un Coello e unha Alicia cos que ilustrar a nosa versión de Alicia no País das Marabillas. Despois da primeira fase (nas propias aulas de Primaria), na segunda, un xurado constituído por alumnado bibliotecario tomou a sabia decisión de elixir ós protagonistas da nosa historia.
A elección non foi doada, como teredes comprobado. Pero os personaxes seleccionados resultaron moi apropiados, polo orixinal das súas propostas, por respostar ó perfil do personaxe, e por manter un estilo moi acorde entre eles.
As creadoras foron dúas alumnas de 6º B: Sheila e Lucía. Algunha delas quere ser ilustradora. E... como vedes, maña teñen!
Parabéns, chicas!


No hay comentarios:
Publicar un comentario