A pasada fin de semana Frianciño acompañou a Claudia (Educación Infantil 3 anos) á súa casa. A súa casa... e nas súas andanzas! E, camiñando, camiñando... que atopou...?
Cóntanolo a súa nai:
De camiño á piscina atopamos o paso de peóns, que son rectángulos... E de camiño á casa de papá atopamos unha forma xeométrica moi interesante. Un dodecaedro!!!!!
Grazas a Claudia, Frianciño aprendeu que camiñar é moi saludable. Pero, ademais, deuse conta de que, se camiña cos ollos moi atentos, pode descubrir cousas ben interesantes. Como as matemáticas na vida real!
Moitas grazas, familia!


No hay comentarios:
Publicar un comentario