GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 19 de marzo de 2016

MATEMÁTICAS NA ROTONDA DA RÚA CORUÑA


Con Alba, Frianciño e a súa familia. 

A semana pasada, Frianciño estivo na casa de Alba (3 anos). O seu pai, Roberto, envíanos a crónica das súas andanzas:

Esta semana Alba O., de 3 anos infantil, tivo a sorte de recibir a Frianciño.

Tal foi a alegría que decidíu ir de paseo con el, e o primeiro que atopou foi o mundo matemático e triangular dos guindastres na zona de Barreras, en Vigo.  Xusto ó lado, unha  preciosa serie  de cilindros que forman una pérgola. E para rematar a tarde, levouno xogar un pouco a unha casa tamén moi matemática.

Saúdos.



Moitas grazas, familia, por esta crónica tan detallada e completa. Frianciño quedou encantado. 


No hay comentarios: