GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 8 de marzo de 2016

ACTIVA A TÚA MENTE


Un reto semanal para o noso alumnado. 

Comezamos hoxe unha actividade que pretende ser semanal e que ten como obxectivo estimular o pensamento e a participación do noso alumnado. Para iso temos instalado no corridor de Primaria un panel informativo e unha urna para introducir as respostas.

As primeiras propostas terán como punto de partida un poema titulado A familia do triángulo, escrito por Danny Perich Campana.


Estas son as PREGUNTAS desta semana: 
  • Indica o nome de catro polígonos regulares. 
  • Debuxa un triángulo e indica os seus elementos principais.
O PRAZO remata o venres 11 de marzo

Participa e gaña puntos para obter a túa baralla de familias matemáticas!

No hay comentarios: