O pasado día 8 de marzo celebramos no colexio o Dia da Muller Traballadora. Foi unha xornada de descubrimento, de aprendizaxe, de traballo cooperativo e, por que non, tamén de diversión, xa que todos estes compoñentes se mesturaban no deseño da actividade.
Xa que o noso PDI deste curso se titula Entre liñas anda o xogo, a idea foi investigar sobre mulleres vencelladas, dalgún xeito, cos contidos do proxecto: matemáticas, pintoras, mulleres que percorreron grandes distancias (aviadoras, viaxeiras, astronautas), científicas, bibliotecarias e modistas.
Así pois, cada aula recibíu o encargo de investigar sobre:
- Educación Infantil: Frida Kahlo
- 1º A: Ada Byron
- 1º B: María Moliner
- 2º A: Menchu Lamas
- 2º B: Mª Josefa Wonenburger
- 3º A: Valentina Tereshkova
- 3º B: Hipatia de Alexandría
- 4º A: Egeria
- 4º B: Florence Nightingale
- 5º A: Amelia Earthart
- 5º B: Hedy Lamarr
- 6º A: Coco Chanel
- 6º B: Tamara de Lempicka
Unha vez localizada a información, esta debía organizarse nos seguintes puntos:
- Quen era?
- Onde vivíu?
- A lenda
- O seu legado
- Lembra
E resumila ata podela ler nun máximo de 90 segundos.
Con todos estos elementos, por grupos, e empregando a app Tellagami, os alumnos de cada aula crearon os seus propios avatares e leron a información recabada. Coas seguintes imaxes poderedes comprobar como disfrutaron os rapaces traballando por grupos.
Cada aula creou varios tellagami. Sen embargo, aquí ofrecemos só unha mostra para coñecer a cada unha das nosas protagonistas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario