GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 4 de marzo de 2016

PREPARANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Documentándonos, xogando e sendo creativos. 

Para celebrar o Día da Muller Traballadora imos repasar a biografía dunhas cantas mulleres que, dun xeito ou doutro, algo teñen que ver cos números e coas matemáticas. 

Despois de nos documentar, crearemos un pequeno vídeo explicativo coa app Tellagami. Aquí está o titorial para facelo. 


No hay comentarios: