GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 1 de noviembre de 2012

TERRORÍFICO COMEZO DAS TARDES DE CONTO



Para festexar o Samaín, as Tardes de Conto adiantáronse unha semana.

E, mentras uns veían películas de medo, outros ían pasando polo sillón de maquillaxe e transformándose en personaxes terroríficos. Daba pánico miralos!

A expectación creada por este Obradoiro de Maquillaxe Terrorífico foi tremenda: a biblioteca estaba de bote en bote. Pero as nosas nais, perfectamente organizadas, conqueriron levar a tarefa "a bo porto".

Supoño que máis dun veciño pasaría medo cando se atopara, á saída, cuns personaxes tan terroríficos...



Grazas pola dispoñibilidade das nosas nais e por este terrorífico comezo!

No hay comentarios: