Estivo organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. E foi toda unha sorpresa. Así, subindo polas escaleiras coma se tal cousa, atopamos a dous magníficos artistas: Luis Caruncho e Pinto d'Herbón.
Coa zanfona de Luis e a simpatía dos dous, a rapazada do Terceiro Ciclo de Primaria riu coas súas xugosas improvisacións, e, finalmente, aprendeu a regueifar.
Porque a lingua, a nosa lingua, sempre serviu para aprender e para xogar con ela.
Aquí podemos "paladear este suculento manxar":
Tamén podedes disfrutar dos vídeos da sesión na páxina web do Colexio.
Grazas por compartir connosco a vosa arte!

No hay comentarios:
Publicar un comentario