E aínda que non o coñecéramos persoalmente, senon a través da pantalla da televisión ou do son dos seus discos, Miliki era un máis nas nosas familias. Un artista integral e un bo home. Chorámolo os seus nenos de 40 anos, pero tamén os de 30, os de 20, os de 10, e mesmo os que aínda non cumpriron a decena.
Ese sentimento de dor e de agradecemento tiveron os nosos alumnos e alumnas de 4º A, encargados de elaborar a Nova desta semana. E, como non, decidiron facer unha rendida homenaxe ó noso pallaso favorito: Miliki.
Aquí os tendes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario