GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 3 de noviembre de 2012

SAQUEADORES DE ARQUIVOS


Unha historia real que tivo lugar durante a Guerra da Independencia

Non hai guerra boa. E todas levan asociados episodios de violencia, inxustiza e expolio: os estrategas militares non adoitan ter un grande aprecio nin polas persoas nin pola cultura.

E esta historia sucede en España, en Alcántara (Extremadura), durante a Guerra da Independencia (1808 - 1812). Por circunstancias provocadas polo desenvolvemento da guerra, o Mosterio da Orde de Alcántara sufriu o saqueo da súa biblioteca; os franceses levaron a mellor parte: un fantástico receitario no que figura un prato típico do mes de novembro: as perdices ó xeito de Alcántara. 

Lede esta xugosa información no artigo de Miguel A. Román titulado Las perdices de Laura Junot, en la sección Con las cosas del comer del Pequeño LdN.


No hay comentarios: