Pois si. Hoxe, día 11 de novembro (San Martiño), é ese día no que, segundo lembra a nosa tradición oral, os rapaces e rapazas baixaban os seus trompos do faiado e comezaban a compitir con eles.
É unha magoa que, nas nosas cidades, teñamos esquecido ese xogo. Sen embargo, hai aínda 17 anos (espero que sigan a facelo) os meus alumnos e alumnas da Illa de Arousa eran fieis ó dito, e chegado o mes de novembro, facían bailar as peonzas en todos os recreos.
Para recuperar este e outros xogos, a Asociación Brinquedia está a facer un magnífico traballo. No caso do trompo, celebrou o pasado venres 9 de novembro o Día do Peón.
Navegando na páxina web desta Asociación, atopamos dous magníficos documentos
- O Peón, un mundo de amigos, a tradución ó galego dun documento da asociación catalana Amics de la Baldufa no que poderemos aprender moitísimo sobre o peón e a súa historia.
Rematamos cos últimos versos do Manifesto do Peón deste ano:
Dálle, rapaza. Xa é San Martiño.
O teu peón
lanza ao camiño!

No hay comentarios:
Publicar un comentario