GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 22 de noviembre de 2012

25 de NOVEMBRO



Día Internacional contra o Maltrato de Xénero.

Sabes o que din as estatísticas sobre o tema do maltrato...? Preme na foto e accede ó documento completo. Seguro que no Segundo e Terceiro Ciclo sodes quen de interpretalo correctamente.



No ano 1981 (hai trinta e un anos) declarouse o 25 de novembro como Día Internacional contra o Maltrato contra as mulleres. Pero... sabedes por que se elixiu esa data...? Trátase dunha triste historia que convén relembrar.




E agora, propómosvos seguir lendo, neste caso, imaxes.

No caso de Educación Infantil, un bonito conto de Adela Turin titulado Una feliz catástrofe.




Para o Primeiro Ciclo, ofrecémosvos este vídeo, titulado Ellos también pueden. Fixarvos ben no lugar no que están os protagonistas, no que fan, en como visten... e, sobre todo, no texto da canción. Tamén nas frases que aparecen ó final.




Para o Segundo Ciclo, propómosvos o vídeo titulado Dove Evolution. Despois de visualizalo, podedes facervos estas preguntas: 
      • Que función ten a muller na publicidade...? 
      • Que ferramentas ten a publicidade para deformar a realidade?
      • E nós, temos criterio propio para ser nós mesmos, ou queremos ser o que se nos mostra como exemplo?
      • A importancia da imaxe... non é tamén unha forma de maltrato para a muller?



Para o Terceiro Ciclo, Beauty Pressure (A Presión da beleza). Fixarvos: 
      • Que papel ten a muller nos anuncios publicitarios?
      • En que tipos de anuncios aparece a imaxe dunha muller?
      • Cres que é imprescindible a imaxe da muller na meirande parte dos anuncios?
      • Coñeces algún anuncio no que apareza a imaxe do home en situacións similares ás vistas neste vídeo?
      • Non cres que a presión dos medios e da publicidade co tema da beleza, do peso, da cirurxía estética... é un sofisticado xeito de maltrato contra a muller?



Esperamos que estas reflexións nos axuden a mellorar o noso xuízo crítico e a valorar a importancia de conmemorar esta triste data. 

1 comentario:

Anónimo dijo...

a nena paréceme moi nova para o da ciruxia estética, pero unha precaución
é necesaria