Preparamos as nosas cabazas dende a fin de semana; ensaiamos os nosos cantos; algúns, incluso, chegamos disfrazados e maquillados. Pero o mellor foi o ben que o pasamos no Salón de Actos, cantando cancións moi divertidas en todos os idiomas que falamos no cole (inglés, galego e castelán). E, por riba, a profe de Inglés agasallounos con doces. Que ben o pasamos! Podedes comprobalo nestas fotografías:
E para rematar, coidado cos monstros esta noite. Hai moitos moi, moi agachados...!
Feliz Samaín!

No hay comentarios:
Publicar un comentario