GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 30 de noviembre de 2012

30 de NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS


Hoxe, día 30 de novembro, celebramos o Día das Librarías.

E, con ese motivo, a Consellería publicou este fermoso cartel que lembra as datas máis salientables do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2013

Mais calqueira día do ano é bo para pasearse e curiosear entre os andeis da nosa libraría favorita. Seguro que atopamos máis dun motivo para saír realmente satisfeitos. 

As librarías están esperando a nosa visita!

No hay comentarios: