GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 12 de noviembre de 2012

NOVIDADES DE CUNQUIÑA EN EDUCACIÓN INFANTIL


Esta é a crónica do que hoxe atoparon os nenos e nenas de Educación Infantil na Biblioteca.

A nosa amiga Cunquiña chegou esta semana cargada de novidades. Traía unha carta e un bolso cheo de cousas. E viña acompañada por unha grande amiga de Frianciño que sempre volve ó noso cole por estas datas... Si, volta para pasar o Magosto connosco. Sabedes quen é, non...?

Si. Tedes acertado. A Castaña Dorinda.

Viña moi, pero que moi guapa, e queríalle mostrar a Cunquiña o que facemos na festa do Magosto.

Dorinda agasallounos con dúas cancións para cantar entre todos. Por iso traía Cunquiña unha guitarra no bolso: para cantar na festa. Pero... que riquiña é...!

Ademais, Cunquiña explicounos que novembro é o mes da Tradición Oral. E como ela non se lembra de ningún refrán deste mes, pediunos axuda para recollelos entre todos. E niso andamos: recollendo refráns. Tamén pedimos axuda ás nosas familias. Xa vos contaremos o que colleitamos.

Para empezar a colleita, a Castaña Dorinda regaloulle a Cunquiña o primeiro refrán:

En novembro, no Magosto, 
enfarrúxome co chamosco.


No hay comentarios: