GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 8 de noviembre de 2012

MARISOL INAUGURA AS TARDES DE CONTO


Onte mércores Marisol, a nai de Irene e de Rocío, achegouse pola tarde á Biblioteca para nos contar un conto. 

E, deste xeito, deu comezo a actividade estrela das Extraescolares: as Tardes de Conto, que, semana a semana, reúne a pais e fillos arredor dos contos e das actividades.

Ademais da súa disponibilidade, temos que agradecer a Marisol a súa creatividade, xa que o conto que nos ofreceu era da súa invención.

Achégovos o comentario da nosa "enviada especial", a profe Remedios: "Moi interesante o conto titulado El irrecuperable tesoro de las Reinas del Mar, no que a trama trata sobre un tesouro agachado. Para atopalo, a protagonista, a súa nai e unha amiga teñen que seguir as indicacións dun mapa atopado dentro dunha botella. Estas indicacións lévanas por distintos lugares de Vigo, ata chegar, finalmente, ó punto onde está o tesouro: unha pedra situada perto do mar, no monte da Guía.

Despois de varios intentos, consiguen o tesouro, que só se pode acadar coa amizade verdadeira".

Para rematar esta tarde tan divertida, os rapaces traballaron sobre o mapa do tesouro.



Grazas a Marisol e a todos os pais e nais que, semana a semana, fan posible esta actividade tan nosa e tan entrañable. 

No hay comentarios: