E xa que estamos co proxecto sobre os bosques, poderíamos dicir que os murais brotan nos recunchos do Colexio como fungos no Outono.
A imaxe que ilustra esta nova decora as escaleiras que conducen ó piso da Biblioteca. Estivo coordinado pola profe Luz, quen, para iso, pediu a colaboración de todo o alumnado e profesorado. Se fixeramos unha exploración máis polo miúdo, comprobaríamos que cada letra está feita cunha morea de marcapáxinas decorados libremente coa temática do noso Proxecto Documental deste curso: Un bosque para ler e navegar.
Esta iniciativa completa as actividades levadas a cabo co gallo do Día Internacional do Libro, e que podedes refrescar neste enlace.
Estoutro mural foi realizado polo alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria, coordinados polas profes Montse e Luz. Partiu do traballo sobre Gaudí que se propuxo para coñecer mellor ós nosos socios do Agrupamento ARCE e que foi levado a cabo pola profe de Inglés. Aquí tendes o enlace coa proposta.
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!


No hay comentarios:
Publicar un comentario