GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 15 de mayo de 2011

AS FOTOS DO NOSO CONCURSO


Empezan a chegar xa as fotos do noso Concurso de Fotografía Un bosque para ler e navegar. 

Podedes contemplalas premendo neste enlace:


Como podedes ver, a participación é numerosa, e a calidade das fotos, sensacional. A elección non será doada!

E, se aínda pensades participar...! Aquí tendes as bases da convocatoria. Non vos demoredes!


Animádevos a votar. Empregade este formulario!








3 comentarios:

Anónimo dijo...

As fotos son preciosas, é dificil saber cal é a mellor.

Anónimo dijo...

As fotos son preciosas todas, non sei cal votar pero. Penso que non se poden votar todas??? o eu polo menos non atopo onde???

Frianciño dijo...

Podedes votar todas as fotos que queirades, pero tendes que facelo de unha en unha. Premedes no punto que corresponde á fotografía elixida. Logo, tendes que premer en "submit". Do contrario, o voto non se envía.
Cando facedes isto, desaparece a lista de votación, pero aparece unha mensaxe con dúas opcións. Se premedes en "go back to de form" aparece de novo o formulario e podedes votar outra fotografía distinta.