A actividade estivo organizada polos Equipos de Orientación, Normalización Lingüística e Biblioteca, e partiu do libro de Fina Casalderrey titulado Isha, nacida do corazón.
Todos os participantes tiveron oportunidade de ler o libro, que serviu de base para que Geni nos falara sobre a súa experiencia como nai adoptante.
Resultou un coloquio moi distendido e interesante. Mágoa que o bo tempo nos fixera a competencia. Pero cando a calidade das propostas que compartimos son tan interesantes, non importa que sexamos moitos ou poucos.
Grazas a todos os participantes, especialmente, a Geni; a todas as persoas que colaboraron na organización, e, de xeito especial, a Ángeles (C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán) e a Tere (C.E.I.P. Coutada - Beade), por nos emprestar exemplares das súas Bibliotecas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario