GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 5 de mayo de 2011

ONTE ESTIVO MARISOL A NOS CONTAR CONTOS



Onte, día 4 de maio de 2011, estivo novamente connosco Marisol, nas Tardes de Conto.

Descubrimos algúns dos títulos da Biblioteca, que limos con entusiasmo. Como vedes, os Apadriñamentos Lectores deberon entusiasmar, porque os máis cativos foron os que quixeron nos contar os seus contos.

E logo, Marisol estreou o kamishibai.

Rematamos con actividades plásticas.

Como vedes, o público mantense fiel, a pesar do bo tempo.

Grazas a todos!

No hay comentarios: