Como lembraredes, Aitana participou no IV Certame Literario Novacaixagalicia, e mereceu o Primeiro Premio na súa categoría, correspondente ó Terceiro Ciclo de Primaria, polo seu conto titulado El mensaje de Sabina.
Noutras categorías foron premiados un rapaz do C.P.I. Covaterreña (Baiona), unha rapaza do Colexio Andersen (Vigo) e, na categoría correspondente a Bacharelato, unha moza dun I.E.S. de Verín.
Os gañadores, previamente a recibir o seu agasallo, leron un fragmento do seu relato. Todos os asistentes comprobamos que ben merecían o premio, tal era a calidade dos mesmos.
A continuación, todos os premiados e o público asistente merendamos no Xardín Xaponés do Centro Social Novacaixagalicia.
Aitana, nesta ocasión tan especial, estivo acompañada pola súa familia, polo Director do Colexio, por tres mestras do Equipo de Biblioteca, e por Antía e Aldara, que tamén participaran no Concurso.
Xa que o conto de Aitana é agora da propiedade de Novacaixagalicia, non podemos reproducilo aquí. Pero sí o de Aldara e os poemas de Antía.
Para disfrutar con máis fotos desta xornada, podedes consultar este enlace da web de Obra Social Novacaixagalicia.
Noraboa, Aitana! Ti vales moito! Segue a ler e a escribir tan ben! E os demais... a preparar os relatos e poemas para o V Certame!

1 comentario:
Noraboa Aitana, leín o teu conto da historia de Sabina e pareceume moi chulo
Publicar un comentario