GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 4 de mayo de 2011

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA INCLUSIVA


Ana, a nai de Roque, achéganos información sobre este Concurso de Fotografía Inclusiva.

Por segundo ano, a EAPN - Galicia (European Anti Poverty Network) convoca este Concurso de Fotografía Inclusiva, do que podedes coñecer as bases neste enlace.

A European Anti Poverty Network (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social) está constituída por unha coalición de ONGs adicadas a loitar contra a exclusión, e da que forma parte a Fundación Érguete - Integración, tan coñecida e respectada na nosa cidade.

Obviar os problemas e as situacións delicadas non é o xeito de solventalas. Por iso, explicitar a través de fotografías a vida inxusta que están a vivir moitas persoas que están ó noso carón é un primeiro paso para intentar buscar unha solución.

Grazas a Ana e a todas as persoas que traballan na Fundación Érguete - Integración coa esperanza de construír un futuro mellor para as persoas que só teñen presente.

E vós... animádevos a participar! O prazo para a presentación das fotografías remata o 15 de xullo.

No hay comentarios: