Así foi. O martes 10 reuniuse o clube Locos por los libros, e o xoves 12 foi o turno para Libro & Co. A lectura elixida: No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz.
Comenzamos a sesión coñecendo o entorno no que se desenvolve a novela: a Fraga do Eume. (Grazas á profe Montse por atopar estes recursos tan fantáscicos).
Durante a sesión, ademais de disfrutar coas delicias que trouxo para nós a profe Montse, falamos sobre os dous grandes personaxes da novela: Derdrín e Raquel. As vidas de ambos os dous, non exentas de problemas, cambian ó se coñecer mutuamente. As divertidas escenas das trasnadas de Derdrín deron para moito. Pero, finalmente, nos fixeron reflexionar sobre a grande responsabilidade que temos á hora, non só, de preservar os nosos bosques, senon de dar a coñecer esa inmensa cantidade de personaxes máxicos que habitan neles e que chegaron ata nós a través dos nosos devanceiros.
Damos as grazas, novamente, a Dolores (I.E.S. Poeta Añón de Outes) por nos proporcionar exemplares suficientes para poder levar a bo termo esta sesión do clube de lectura.
Para rematar, e para nos animar a visitar as fantásticas Fragas do Eume deixámosvos este vídeo que, navegando na Internet, ten atopado a profe Luz. E con isto... os clubes de lectura despídense ata o vindeiro curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario