GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 5 de noviembre de 2010

XA TEMOS BLOG DE RECOMENDACIÓNS!


Ven de nacer O que o vento non levou, o blog de Recomendacións de O lar de Frianciño.



Coa intención de estimular a escritura, a reflexión sobre as nosas lecturas e o sentido crítico, nace O que o vento non levou, o blog de recomendacións da Biblioteca Escolar do noso Centro.

Neste blog non queremos facer fincapé nos pormenores, nen queremos xulgar se unha obra é boa ou non dende o punto de vista literario. Queremos compartir as sensacións que nos produxo unha lectura, os cambios que supuxo na nosa vida, o arrecendo que flota no aer cada vez que alguén pronuncia o seu título. En definitiva, o entusiasmo co cal animamos a outros a seguir os nosos pasos, a tomar a obra entre as mans, e... a ler!

E como o noso empeño é que lean todos, ata "o apuntador", queremos que todos, a Comunidade Educativa ó completo (pais e nais, alumnos e alumnas, mestres e mestras) poidan participar cos seus comentarios e as súas recomendacións. Dende aquí animámosvos a facelo.


Coñéce o novo blog neste enlace.


No hay comentarios: